DeportesÚltima hora

Tres Cuñados F.S., fin de liga ante o líder

O conxunto valdeorrés encara a recta final da tempada
O Tres Cuñados, nun dos encontros da liga.
O Tres Cuñados, nun dos encontros da liga.

Tres xornadas quedan para rematar a liga en 2ª división B de fútbol sala, as tres moi separadas no tempo. Unha o 5 de abril, outra o 26 e a terceira e última o 10 de maio, data que pechará a tempada 2013/2014. Unha campaña que non está indo mal para o Tres Cuñados F.S. que despois do último partido desputado no mes de marzo, correspondente á xornada 23ª, situábase na 6ª posición, na metade superior da táboa.

Os valdeorreses comezaban o mes perdendo 9-2 ante o Ventorrillo FS “unha dura derrota e xusta por desgraza, xa que o noso partido só durou os 15 primeiros minutos. Malia comezar por diante no marcador, faltounos esa garra e carácter que adoitamos tener” explicaban dende o club.

Unha semana máis tarde, cambiaban as tornas e os rapaces do Tres Cuñados vencían por un contundente 7-1 ao Cuellar. Malia comezar encaixando, os locais pronto se recuperaban remontando o encontro e logrando golear ao rival. Dende o club destacan o papel de Corzo no encontro que cos “tres goles achairounos o camiño cara a vitoria”, e tamén o do porteiro xuvenil que xogou os últimos oito minutos.

O terceiro e último partido ata o momento non foi tan positivo para os ourensáns, que perdían 2-1 no pavillón dos vigueses do Bembrive, terceiro clasificado, nun encontro non exento de polémica por parte dos árbitros que os visitantes calificaron de “atraco”.

A próxima cita para Tres Cuñados F.S. será en casa contra o Rueda. A seguinte xornada será de descanso, rematando a tempada xa en maio ante o líder, o Narón.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button