OurenseÚltima hora

Tres de tres para o Auriense FG, líder da liga galega masculina

Vencía por 7-12 (33) a 3-1 (10) ao Cambados FG
Auriense e Cambados FG antes do partido de liga.

Disputada a terceira xornada da Liga Galega masculina de fútbol gaélico, o Auriense conta os partidos por vitorias e sube ao máis alto da clasificación, aínda que cun encontro máis que os seus perseguidores, tras impoñerse na casa claramente ao Cambados FG por 7-12 (33) vs 3-1 (10).

Tal como explican dende o club ourensán, o partido comezou trabado con alternacias na ofensiva, pero o maior acerto por porta do Auriense fixo que o marcador no descanso reflectise unha vantaxe de 10 puntos para a equipo local.” Tralo descanso, o grupo ourensán impúxose no aspecto físico, mellorando considerablemente a puntería”, e levándose os puntos en xogo.

O vindeiro domingo, os ourensáns visitarán a casa do actual campión de Copa, o Estrela Vermella de Santiago de Compostela, que vén de participar no Europeo de Maastrich, quedando en 7ª posición. Ese mesmo día comezará a competición o equipo feminino. Nunha das ligas “máis igualadas dos últimos anos”, o equipo ourensán aspira a todo, cunha renovación importante pero mantendo o bloque base do ano pasado. O rival, Estrela Vermella, que tamén vén de disputar con igual resultado o europeo de Maastricht, será un equipo complicado, nun encontro que “promete ser intenso e con múltiples alternativas no marcador”, auguran dende o club.

Artigos relacionados

Back to top button