OurenseÚltima hora

Tres días de loito oficial en Galicia polo falecemento do conselleiro de Facenda

Feijóo asina o decreto polo que se encarga o despacho da Consellería de Facenda e Administración Pública ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

Publicidade
Minuto de silencio en memoria do conselleiro de Facenda, esta mañá.

 

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declaran 3 días de loito oficial en Galicia con motivo do falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García.

O Goberno galego ten a vontade de facer pública así a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns. En todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia ondearán a media hasta as bandeiras oficiais.

Ademais, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou o decreto polo que se encarga o despacho da Consellería de Facenda e Administración Pública ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo ata o nomeamento do novo titular.

Ambos os decretos xa se atopan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button