ConcellosÚltima horaVerín

Tres días de loito oficial en Verín polo falecemento do seu ex alcalde Santiago Cid

Santiago Cid Hardinguey./ Foto de arquivo.

 

O Concello de Verín, a través dun decreto de Alcaldía, declarará o loito oficial no municipio de Verín polo finamento de Santiago Cid Harguindey, alcalde da localidade entre os anos 1983 e 1991 e un dos fundadores do CD Verín.

“Considerando a importancia do papel político, social e institucional de Santiago Cid Harguindey, o Concello decreta tres días de loito oficial”, tal e como vén de anunciar esta administración local. Durante este tempo as bandeiras situadas no exterior da casa consistorial ondearán a media asta como sinal de duelo e respecto.

Tamén se gardará un minuto de silencio no próximo pleno celebrado pola Corporación municipal.

Ademais, o alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, “en nome da corporación municipal traslada o seu máis sentido pésame aos seus familiares e amigos polo pasamento de Santiago Cid Harguindey”.

Artigos relacionados

Back to top button