ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Tres imaxes na procesión do Encontro na Rúa

Na mañá do Venres Santo, saía a primeira procesión da Semana Santa na parroquia de Santo Estevo

Primeiro San Xoán, depois a Virxe e por último Xesús Nazareno. Por ese orde saían as tres imaxes que na mañá do Venres Santo (25 de marzo) protagonizaban a procesión do Encontro na parroquia de Santo Estevo na Rúa Vella.

Tralo percorrido polas rúas, as imaxes levadas a ombros polos costaleiros (cos túnicas vermellas, os máis novos encárganse de de San Xoán; de negro, as mulleres fano da Virxe; e de morado os maiores, do Nazareno) as tres imaxes econtrábanse na praza César Conti, seguidas por nomerosos devotos. Mentres, o párroco Severino Pérez dirixíase, con solemnidade, aos asistentes dende un balcón da praza.

Os cultos da Semana Santa na Rúa Vella continúan esta tarde ás 19 horas co sermón das 7 palabras, o desencravo e a procesión do Santo Enterro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button