DeportesÚltima hora

Tres medallas para o Adas nos galegos Sub16 e Sub18 en pista, en Lugo

 

 

Ata Lugo se desprazaba nesta fin de semana unha representación de atletas do Club Adas do Barco para participar nos Campionatos Xunta de Galicia Sub16 e Sub18 en pista. Nesta cita autonómica os atletas valdeorreses colleitaban tres metais, en concreto, tres bronces.

Así, José Novas quedaba terceiro na final dos 100 m Sub16 cunha marca de 11.86, mentres que Hugo Arias situábase tamén terceiro no triplo salto Sub16 cun rexistro de 11,35 e, finalmente, Alicia Soto era terceira en peso (3 kg) Sub18 cun lanzamento de 9,38.

 

Fotos: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button