DeportesÚltima hora

Tres medallas para o Club Adas no galego de lanzamentos longos

 

Destacada actuacións dos atletas do Club Adas Cupa do Barco no campionato galego de lanzamentos longos nas categorías de menores e máster. Así, o pasado sábado, o martelista veterano José Manuel Almudi facíase co ouro na categoría M80 .

Na seguinte xornada da competición, a do domingo, xa nas categorías menores o club valdeorrés sumaba outros dous metais.  En Sub18, Alicia Soto conquistaba o bronce no lanzamento de xavelina, mentres que a martelista Martina Cid ganaba tamén outro bronce en Sub16.

Menos sorte tivo tamén na disciplina de xavelina Lucía Fidalgo “que tivo que loitar contra as inclemencias do tempo e non puido dar todo o que ela podería”, matizan dende o Club Adas.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button