DeportesKárateÚltima hora

Tres medallas para o KC River Stone (O Barco) no campionato galego de karate celebrado en Ferrol

Lena Álvarez lograba o ouro en cadete, Lucía Herrero conseguía a prata en sub21 open e Tania Fernández o bronce en júnior

Lucía Herrero, Nicolás Rodríguez, Lena Álvarez e Tania Fernández, tras o campionato en Ferrol. /Foto cedida.

 

Da mellor forma posible, para orgullo de todo o club pero especialmente do adestrador, Nicolás Rodríguez, comezaba a tempada o KC River Stone do Barco, con tres karaketas no campionato galego cadete, júnior e sub21 que lograban subir ao podio en cadansúa categoría.

O mellor resultado era o conseguido por Lena Álvarez Pérez, a nova campioa en kata cadete, coa medalla de ouro, mentres que Tania Fernández González lograba a medalla de bronce en kata júnior.

 

Tania e Lena cos trofeos./ Foto cedida.

 

O terceiro metal conseguíao Lucía Herrero Valcarce en kumite sub21 -50kg open, subindo ao segundo chanzo do podio coa medalla de prata. Só 24 horas antes Lucía lograba outra medalla de prata, nese caso co equipo galego, no Trofeo Príncipe de Asturias celebrado en Oviedo.

 

Lucía Herrero, segunda pola esquerda, no podio sub21. /Foto: FGK.

 

Artigos relacionados

Back to top button