DeportesÚltima hora

Tres medallas trivesas no XIV Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de pista cuberta

Publicidade

 

Os atletas da Escola Deportiva de Trives seguen demostrando a súa calidade e bo facer na competición. Así, no XIV Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de pista cuberta, que se celebraba neste sábado 20 de marzo en Expourense e no que vestían a camiseta do Club Adas do Barco, sumaban un total de tres medallas na disciplina de peso.

Así Deva Posada facíase co bronce en peso (1,00 kg) Sub10, mentres que Martín Rodríguez ganaba a prata nesa mesma modalidade pero en Sub10 masculino e Nicolás Eduard lograba un bronce.

Marcas dos atletas triveses no Campionato galego base de pista cuberta e postos:

– 50m. Sub-10: Antón Prieto. M. 8.61. e  Nicolás Conde. M 9.49.
– 60m. Sub-12: José Hervella. M 9.43, Marcos Basalo. M 9.96.
– Peso. Sub-10: Deva Posada. M.5.23. Bronce no C. Galego e Aitana Pérez. M . 4.00 (7º posto) .
– Peso. Sub-10: Martín Rodríguez. M 7.17. Prata no C. Galego e Eduard Lascu. M 6.89. Bronce.
– Peso. Sub -12: Aitor García. M 7.11. ( 6º posto).

 

 

Dende a da Escola Deportiva de Trives, o seu adestrador Tino Sierra fai un balance moi positivo do esforzo e do traballo dos atletas. “É un orgullo adestrar a estes rapaces, sempre dan o mellor deles, tanto os que ganan como os que non. Eu sempre lles digo que o importante é divertirse e mellorar cada un a súa marca persoal, iso sempre, afán de superación”, comenta. Ademais amosa o seu agradecemento aos pais e nais destes xoves atletas polo seu “apoio e ánimo”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button