DeportesÚltima hora

Tres membros do club River Stone, seleccionados para o campionato de España de karate

Paula Ramos, Luís Martínez e Lucía Herrero competirán en novembro en Ponferrada
Paula, Luís, Iago e Lucía co adestrador do KC River Stone, Nicolás Rodríguez.

Un total de 31 deportistas representarán a Galicia no campionato de España cadete, júnior e sub 21 que se celebrará na fin de semana do 24 e 25 de novembro en Ponferrada (León), entre os que están tres valdeorreses membros do KC River Stone.

Tralas medallas de ouro conseguidas no galego disputado a finais de setembro en As Pontes, Paula Ramos Osorio e Luís Martínez González competirán en kata sub 21 mentres que Lucía Herrero Valcarce farao en kumite júnior -53 kg.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button