DeportesÚltima hora

Tres membros do Peña Trevinca Barco, no podio da liga galega de orientación

Cristina Neta ganou en F14, e Alba Osorio e Marcos Álverez foron terceiros en F18 e M21A, respectivamente na proba de Abadín
Cristina Neta, Marcos Álvarez e Alba Osorio. /Foto cedida.

Cristina, Alba e Marcos, son os tres membros do Club Peña Trevinca Barco que subían ao podio da proba de orientación disputada na mañá do sábado 28 de outubro na localidade de Abadín (Lugo). A penúltima competición oficial da liga galega na que participaron un total de 15 deportistas do club valdeorrés.

“Inmersos na reñida disputa por lograr o primeiro posto en categorías de base, os resultados foron máis que brillantes, logrando que ese primeiro posto esté aínda máis cerca”, aseguran dende o Peña Trevinca. Cristina Neta Pérez subía ao alto do podio en F14; Alba Osorio Míguez era terceira en F18; e Marcos Álvarez González era tamén terceiro en M21A.

Tal como adiantan dende o club, a última proba da liga celebrarase o 11 de novembro no mapa de Forgoselo (A Coruña) onde se disputará o campionato galego de distancia longa.

 

Artigos relacionados

Back to top button