ConcellosÚltima hora

“Tres minutos sen ti”, proposta dun local de hostalaría barquense para protestar polo prezo da luz

 

Como “xesto de protesta” ante o elevado prezo da luz, dende un local de hostalaría barquense, que rexentan Manuel e Naya, propoñen unha iniciativa sinxela de cara ao vindeiro luns 20 de setembro ás 21h. “acender unha candea e desconectar a luz eléctrica durante 3 minutos”. E así o veñen de facer público a través das redes sociais, pedindo a implicación da cidadanía de Valdeorras, se ben matizan a idea podería ir máis alá e mesmo coordinándose con outras zonas.

“Estamos a sufrir o abuso desorbitado das compañías eléctricas, as cales, incrementaron día tras día o prezo da subministración eléctrica. As nosas vivendas e os nosos negocios están a pasar por un momento de crise insostible, tentando manterse á flote, atopámonos con dificultades impostas e sen solucións estatais. Non podemos máis”, aseguran estes hostaleiros, por iso convidan á sociedade á sumarse a esta reivindicación de “todo a escuras por unha tarificación digna”.

Artigos relacionados

Back to top button