DeportesÚltima hora

Tres nadadoras do Sincro Ourense, no campionato de España infantil de figuras

Ana Moyano finalizou na posición 23, sendo a primeira galega clasificada, Rocío Blanco foi 55ª e María González 86ª
As nadadoras do Club Sincro Ourense que participaron no campionato de España.

Un total de 155 nadadoras de 20 clubs participaban na fin de seman do 25 e 26 de novembro, no XV campionato de España infantil de figuras celebrado na piscina M-86 de Madrid.

Entre os participantes estaban o Real Club Náutico de Vigo, o Galaico Sincro de Pontevedra e o Club Sincro Ourense que acudiu con tres nadadoras: Rocío Blanco, Ana Moyano e María González Seara e a técnica Elvira López.

Tal como explican dende o club ourensán, na competición realizáronse 4 figuras, dúas obrigatorias e dúas elixidas por sorteo entre as 8 figuras presentadas pola FINA para o presente ciclo Olímpico 2017-2021, e lograron situar a tres nadadoras na primeira metade da clasificación. Ana Moyano finalizou na posición 23, sendo a primeira galega clasificada, Rocío Blanco foi 55ª e María González 86ª. O podio da proba ocupárono Teresa Bellver do Sincro Retiro (ouro), Martina Gras do C.N. Sabadell (prata) e Judith Calvo do C.N. Granollers (bronce).

Esta tempada, as ourensás aspiran a “seguir entre os mellores clubs galegos da especialidade e escalar peldaños mas clasificacións nacionais”.

Artigos relacionados

Back to top button