Deportes

Tres nenas do C.D. Rúa, convocadas pola selección Ourense sub 12 feminina

Iris Acevedo Blanco, Anxela Fernández Fernández e Lola Pérez Sánchez xogan no equipo benxamín B
As tres xogadoras do equipo benxamín B do C.D. Rúa que foron convocadas.

O fútbol base do C.D. Rúa está de noraboa. Tres das xogadoras do equipo benxamín B, Iris Acevedo Blanco (prebenxamín), Anxela Fernández Fernández e Lola Pérez Sánchez (ámbalas dúas benxamíns de primeiro ano), foron convocadas pola selección Ourense sub 12 feminina para un acto deportivo que terá lugar o luns 16 de outubro ás 18:30h. no campo “Antonio González Blanco”.

Segundo a nota remitida ao presidente do club rues pola delegación de Ourense da Federación Galega de Fútbol, as xogadoras “deberán personarse no lugar e data sinalados, provistas de atuendo deportivo, para a celebración do acto que se expresa”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button