SanidadeÚltima hora

Tres novos brotes de Covid na provincia

Dous deles son en Ourense e un Verín, segundo informa Sanidade

 

Segue medrando o número de brotes de coronavirus na provincia de Ourense. Esta tarde a Consellería de Sanidade vén de comunicar dous novos brotes de carácter familiar na cidade de Ourense. Un deles cun home e unha muller de 35 anos e un menor. O segundo afecta a tres mulleres de 56, 57 e 23 anos.

Ademais, Sanidade notifica un novo brote en Verín, tamén de carácter familiar, con 5 casos positivos: un home de 37 anos, tres mulleres de 18,36 e 18 anos e un menor.

Actualización de datos en brotes que xa estaban activos

O brote de Mariñamansa xa ascende a 30 persoas, tras a detección dun caso máis, unha muller de 42 anos, segundo indica a Consellería de Sanidade.

Os dous gromos de orixe social de Ourense (dos que se daba conta o pasado venres ) incrementan así mesmo o seu número de afectados. Un deles pasa de 5 a 7 casos positivos. Igualmente o tamén de orixe social con tres afectados ascende a 5 co diagnóstico dunha muller e un home de 28 anos.

O brote agrupado de Ourense con 16 persoas afectadas, dúas delas ingresadas, ascende a 17 cun caso mais, un home de 78.

Por outra banda, o brote familiar de Riós (+ Castrelo do Val) sobe a 11 afectados con tres positivos máis: unha muller de 79, un home de 79 e un menor. Finalmente, o brote detectado en Avión elévase a 11 casos cun contaxio máis, un home de 64.

En todos estes brotes continúa activo o seguimento dos contactos estreitos. Sanidade insiste en pedir novamente “prudencia a toda a poboación, especialmente en xuntanzas e celebracións, principal orixe dos novos casos que se están a detectar”.

 

Artigos relacionados

Back to top button