En portadaÚltima hora

Tres novos brotes de Covid no Barco

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar nesta tarde tres novos brotes de coronavirus, de carácter familiar, no Barco, que afectan a un total de 10 persoas. Así, hai un brote con 4 casos (1 homes de 51 anos e tres menores), outro de 3 casos (2 mulleres de 53 e 48 anos e un menor) e un terceiro outros 3 casos (2 mulleres de 37, 60 e un home de 56 anos).

Ademais, o brote  de carácter social do Barco comunicado o 24 de setembro con 4 catro casos ascende agora a 7,  con tres novos positivos: tres mulleres de 87, 60 e 56 anos. E outro brote de carácter social feito público o 25 de setembro, con cinco casos, sobe a 9 con cuatro novos casos: unha muller de 30 e tres homes de 59, 31 e 32 anos.

Outros trece novos brotes no resto da provincia

Ademais dos brotes rexistrados no Barco, Sanidade comunica outros dez novos brotes no resto da provincia. Así hai un novo gromo familiar en Barbadás con 5 casos (4 homes de 48, 87, 47 e 47 anos e unha muller de 75 anos) e un en Cartelle tamén de carácter familiar (2 homes de 32, 23 anos e un menor).

No concello de Ourense rexístranse sete novos brotes: un de orixe social con 7 casos (5 homes de 53, 73, 49, e 67 anos e dúas mulleres de 59 e 62 anos), un carácter familiar e social con 9 casos (4 mulleres 36, 37, 18 e 64 anos e con dous homes de 33 e 16 anos e tres menores), outro de orixe familiar e social con 13 casos (10 menores, un home de 46 anos e dúas mulleres de 57 e 47 anos), un familiar de 6 casos (6 mulleres de 40, 20, 18, 17, 42, 25 anos), un familiar de 5 casos (2 homes de 38 e 15 anos, unha muller de 41 anos e dous menores), ademais de 2 brotes familiares con tres afectados (5 homes e 1 muller) e  de 3 brotes familiares con cuatro afectados (9 mulleres e 3 homes).

Finalmente, Sanidade confirma un brote social en Xinzo de Limia con 3 casos: dous homes de 51 e 45 anos e unha muller de 28 anos.

Artigos relacionados

Back to top button