SanidadeÚltima hora

Tres novos casos de Covid no Barco vencellados a brotes existentes

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

A Consellería de Sanidade vén de facer públicos tres novos brotes de coronavirus na provincia de Ourense que permanecen en estudo. Un en Alvarellos (Vilaza) con 9 casos; e outro en Xinzo de Limia con 7 casos. No caso da comarca do Carballiño figuran 21 casos vencellados a brotes de distintos concellos, tamén en estudo.

Ademais, aumentan os brotes en catro concellos. En Allariz-Ourense, o brote familiar de 4 casos ascende a 5 cun mozo de 22 anos. Na Mezquita, o brote de 4 casos ascende a 5 cun home de 28 anos. En Celanova o brote que saía onte pasa de 6 a 7 casos. E no Barco de Valdeorras rexistráronse 3 novos casos vencellados a brotes existentes (mantense o número de brotes en 11).

Artigos relacionados

Back to top button