SanidadeÚltima hora

Tres novos falecementos de pacientes diagnosticadas por Covid na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha xornada máis, a provincia de Ourense vén de rexistrar mortes debido ao Covid-19. Así, a Consellería de Sanidade confirma o falecemento nas últimas horas de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dunha muller de 70 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (procedente da residencia Os Gozos) e de dúas mulleres de 86 anos que faleceron na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. As tres tiñan patoloxías previas.

Ademais perdía a vida un home de 75 anos, diagnosticado de Covid, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Tamén presentaba patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close