ConcellosO Barco

Tres novos positivos en Covid no Colexio Divina Pastora do Barco

Colexio Divina Pastora no Barco.

 

Neste 29 de setembro a Xunta de Galicia notifica tres novos positivos no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco, se ben neste centro non hai ningunha aula pechada. Estes tres casos, súmanse ao xa notificado o pasado sábado 26 de setembro, co cal son catro os positivos neste centro.

Neste momentos, todos os colexios do Barco rexistran casos de coronavirus. Así no CEIP Ramón Otero Pedrayo hai 2, no CEIP Julio Gurriarán rexístrase 1 e no CEIP Condesa de Fenosa hai outro. Neste último centro pechouse ademais unha aula, segundo os datos facilitados dende a Xunta de Galicia.

En total na provincia de Ourense son 61 os casos de coronavirus rexistrados en centros escolares, sendo 9 as aulas pechadas, segundo os datos facilitados pola Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button