CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Tres orquestras amenizan as tardes e verbenas nas festas da Rúa

Galilea actuou o sábado, La Fórmula actuará hoxe e New York faráo mañá

Dende o xoves co Encontro de Pinchadiscos e ata mañá co día festivo local, A Rúa vive as festas de verán por todo o alto.

Despois do pasarrúas da charanga Caliqueños, da 5ª Milla Urbana e do III Triangular de veteranos de fútbol, na noite e madrugada do sábado 4 de agosto tocáballe o turno á orquestre Galilea que xuntou a numerosa xente na praza da Estación, especialmente na sesión verbena.

Hoxe, domingo 5 de agosto, pola mañá actuou a Banda de Noia e pola tarde, será a quenda para a orquestra La Fórmula que sen dúbida fará bailar aos asistentes, especialmente aos rueses que mañá non terán que madrugar.

O broche ás festas de verán 2018 porano mañá, luns día 6, a actuación da charanga Europa, o parque de inchábeis no Aguillón a partires das 17h. e o baile en sesión de tarde e verbena amenizado pola orquestra New York.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button