DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tres ouros para o Sincro Ourense no XII Trofeo Deputación de Pontevedra

As cativas do club ourensán lograban as tres medallas nas categorías Escola, Base I e Base II

A base do Club Sincro Ourense está ben preparada. Así o demostraron unha vez máis as cativas ourensás que sumaban tres ouros no XII Trofeo Deputación de Pontevedra celebrado esta fin de semana en Marín.

Na categoría de Escola lograron 15.2667 puntos, por diante do C. Acuatic Oleiros (15.1333) e CS Obradoiro (14.5000). Na categoría Base I sumaron 32.5000 puntos, seguido por C. Burbullas (27.5000) e CNS Pontevedra (25.1667). A terceira medalla de ouro lográbana en Base II sumando 35.1333 puntos. CS Acuatic Oleiros lograba a prata con 31.8000 puntos e CNS Pontevedra o bronce con 31.800 puntos.

Artigos relacionados

Back to top button