ConcellosTrivesÚltima hora

Tres persoas atrapadas ao saírse un coche da vía e quedar envorcado en Trives

 

Tres persoas tiñan que ser liberadas do interior do vehículo no que circulaban despois de que este se saíse da estrada e acabase envorcado, no municipio da Pobra de Trives, na estrada OU-0703. O accidente producíase arredor das cinco e media desta tarde de mércores.

Era entón cando o 112 Galicia recibía a chamada “dunha testemuña do accidente. Así, comunicaba que un turismo acababa de saírse da vía OU-0703, arredor do punto quilométrico 8, para rematar envorcado e con tres persoas atrapadas dentro”, segundo o 112 Galicia.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertouse aos bombeiros do GES de Laza e de Castro Caldelas e ás Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives e de Chandrexa de Queixa. Xunto a estes, aos servizos sanitarios e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se achegaron ao punto os membros de Protección Civil de Manzaneda, segundo o 112 Galicia.

Ao remate das tarefas no lugar, o 112 tivo constancia de que os tres ocupantes foron liberados polo membros de Protección Civil do municipio. Un deles resultou ferido de carácter leve e tivo que ser trasladado.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button