ConcellosÚltima hora

Tres persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Lentellais (O Bolo)

 

En torno ás dez e media da mañá deste 30 de xaneiro producíase un accidente de tráfico en Lentellais (O Bolo). Un vehículo saíase da vía, resultando feridos os tres ocupantes do mesmo.

“Nese momento, os axentes da Garda Civil contactaban co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros e do GES de Valdeorras, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo”, segundo informa o 112 Galicia.

Aínda que se descartou o emprego do material de excarceración para liberar ás persoas feridas, “os servizos de emerxencia utilizaron unha padiola para levalas ata a ambulancia desprazada”, segundo a 112 Galicia.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button