Publicidade
En portadaÚltima hora

Tres persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Rubiá

 

Arredor das 21:15h. deste martes, 7 de xullo, producíase un accidente de tráfico na OU-622, no termo municipal de Rubiá. Un turismo saíase da vía pola marxe esquerda no km 7,5 da citada estrada.

Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato a Garda Civil de Tráfico do Barco, así como os servizos sanitarios de emerxencia. Os tres ocupantes do vehículo resultaban feridos leves e eran trasladados ao Hospital Público de Valdeorras.

O seu condutor, que deu negativo na proba da alcoholemia, apuntaba como causa do accidente un deslumbramento.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close