CarballedaConcellosÚltima hora

Tres persoas trasladadas ao resultar intoxicadas pola mala combustión dunha estufa en Carballeda de Valdeorras

 

A deficiente combustión dunha estufa foi a causa da intoxicación de tres persoas, dúas adultas e unha menor, durante a pasada noite nunha casa en Carballeda de Valdeorras, tal e como vén de informar o 112 Galicia.

“Os feitos sucederon na rúa Costa, na parroquia de Sobradelo, ás cinco da madrugada. Foi a esa hora cando o 112 Galicia tivo coñecemento da situación das tres persoas intoxicadas por monóxido de carbono, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, sinalan dende o 112 Galicia, que de inmediato solicitou a intervención dos Bombeiros de Valdeorras, dos axentes da Garda Civil e da empresa subministradora do gas. Ademais, informouse aos bombeiros do GES de Valdeorras.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, “o tamaño da estufa en proporción co da vivenda e a falta de ventilación, xunto co calor intenso, puido ser a causa da intoxicación das tres persoas, que foron trasladadas a un centro médico”.

Artigos relacionados

Back to top button