Con moi bo sabor de boca regresan os padexeiros do Fluvial Barco de Banyoles. Nesta localidade catalá celebrábase na pasada fin de semana o Campionato de España de Maratón, onde os representantes do club valdeorrés facíanse con tres podios. Así Jesús Rodríguez León ganaba en K-1 veterano (cat. 35-39 años) e Bernardo Sánchez facía o mesmo en K-1 veterán (cat. 45-49 años).
O palmarés barquense nesta proba de 22,6 km (en categorías masculinas) completábao Miguel González Carrera, que se proclamaba subcampión en K-1 veterán (cat. 45-49 años). Nesta competición participaban un total de 184 piragüistas (155 homes e 29 mulleres), duns 60 clubs de toda España. Por clubs, o Fluvial Barco quedaba en novena posición.
Ademais do Club Fluvial Barco, a esta competición, que é puntuable para a IX Liga Nacional Máster, acudían outros dous equipos ourensáns: a Escuela Orensana Municipal de Piragüismo e Fluvial Avión. Este último conseguía tamén un podio da man de Mónica Piñeiro Varela, que vencía en K-1 dama veterano (cat. 35-44 años).