DeportesÚltima hora

Tres rutas de 18, 36 e 58 quilómetros na VIII Marcha BTT de Monterrei

A proba ciclista, non competitiva, celebrarase o domingo 3 de xullo
Bernardino González, Rosendo Fernández, José Luis Suárez e Marcos Meno, na presentación da marcha.
Bernardino González, Rosendo Fernández, José Luis Suárez e Marcos Meno, na presentación da marcha.

O vindeiro domingo, 3 de xullo, celebrarase a VIII Marcha BTT do Concello de Monterrei. Unha proba ciclista de carácter non competitivo, que contará con con tres rutas: o paseo, de 18 quilómetros e dificultade baixa; a curta, de 36 quilómetros e dificultade media; e a longa, de 58 quilómetros e dificultade media-alta.

Segundo o alcalde do Concello de Monterrei, presente na presentación que tiña lugar na mañá do 28 de xuño, esta celebración “supón o inicio das actividades físico-deportivas que organiza o noso Concello ao longo de todo o verán” e engadiu “é importante continuar con esta iniciativa que, con máis de oito ano, esta proba está xa consolidada”.

Esta VIII edición da proba ten como novidade que “os percorridos das rutas longa e curta atravesan todas as localidades de montaña para facer máis vistosa a proba, e contan con dous puntos de avituallamiento”, en palabras do responsable de Deportes do Concello e Monterei quen engadiu que “a data de hoxe temos 60 inscritos pero esperamos chegar aos 100 participantes”. Os interesados en participar poden inscribirse ata o xoves, 30 de xuño, na páxina web www.bttverin.com ou o mesmo día da proba. O prezo da inscrición será de 15 euros para as rutas longa e curta e de 12 euros para o paseo, ambos inclúen xantar e seguro; e de 5 euros para as rutas longa e curta sen xantar; o paseo sen xantar é de balde.

Artigos relacionados

Back to top button