DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tres valdeorreses no podio do campionato galego infantil de kárate

Rubén Linares facíase coa prata, mentres Nazan Barredo e Lena Álvarez lograban o bronce nesta cita autonómica

Ata tres medallas conquistaban os karatekas valdeorreses do Club River Stone no campionato galego infantil desta modalidade, que se desenvolvía a pasada fin de semana nas Pontes (A Coruña). Sobresaía a prata de Rubén Linares en open xuvenil masculino. Ademais Nazan Barredo en benxamín e Lena Álvarez en xuvenil facíanse co bronce.

Tres metais que a piques estiveron de ser cinco xa que tanto Enzo Prieto como Cloe Yáñez loitaban en infantil polo terceiro posto. Finalmente, non puido ser, e perdían por 3-2.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button