EconomíaEconomíaSen categorizar

Tres xatos nun mesmo parto en Requeixo (Manzaneda)

Amelia Bidueira e Toño Basalo, con veterinario Pablo González, xunto a vaca e os xatiños./ Foto. Carlos G. Hervella
Amelia Bidueira e Toño Basalo, con veterinario Pablo González, xunto a vaca e os xatiños./ Foto. Carlos G. Hervella
Os tres xatiños./ Foto: Carlos G. Hervella
Os tres xatiños./ Foto: Carlos G. Hervella

Non é nada habitual que unha vaca traia tres xatos e menos que os tres sobrevivan. Pero estas dúas circunstancias déronse no caso dunha tenreira galega no pobo de Requeixo (Manzaneda), que se puxo de parto o 9 de maio. Ante a sorpresa dos seus propietarios, Toño Basalo e Amelia Bidueira, e do veterinario que controlou o parto, Pablo González Prieto (de Clínica Veterinaria Viana Vet), do ventre da vaca saían tres xatos. “Nos quince anos que levo nesta zona é a segunda vez que vexo un parto con tres tenreiros e é o primeiro caso no que os tres sobreviven”, asegura Pablo González.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de xuño).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button