ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trevenatio abre as súas portas

O acto inaugural tiña lugar no mediodía do 19 de xullo cun concerto da Banda de gaitas da Veiga

Cunha ducia de stands de artesanía, doces, marmeladas ou instrumentos musicais, entre outros produtos, abríase a mostra de Trevenatio na mañá do 19 de xullo no pavillón polideportivo da Veiga. O acto inaugural, presidido polo alcalde da Veiga, Edesio Yáñez, contaba coa presenza, entre outras autoridades, do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez.

Este certame, cuxo programa se prolongará na xornada do domingo 20 de xullo, inclúe multitude de propostas relacionadas coa deporte, a caza, a pesca ou o turismo: un curso de seguridade na caza, unha exhibición de agility, exposición canina, unha proba de caza menor, por grupos, un espectáculo de exhibición e doma clásica de cabalos, tiro ao prato, campionato de pesca curricán ou piragüismo.

Ademais na noite do 19 de xullo tiña lugar na praza da Veiga un concerto do grupo folk ourensán Coanhadeira.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button