En portadaÚltima hora

Trevinca, o mellor destino para desfrutar do eclipse de lúa vermella de finais de xullo

Esta “experiencia Starlight”, que se desenvolverá do 28 ao 30 de xullo, está promovida dende Trevihost
Imaxe promocional desta experiencia “Starlight” en Trevinca./ Fonte: Celtia Travel.

Será, segundo os expertos, o eclipse luar total máis longo do século (1 hora e 43 minutos). A perfecta aliñación de lúa, terra e sol, permitirá que, ademais de que a lúa sexa eclipsada, se volva vermella, creando unha imaxe realmente espectacular. Tendo en conta este fenómeno astronómico, que se producirá a finais deste mes de xullo, a Asociación de Hostalería e Turismo de Trevinca (Trevihost) organizará unha nova “experiencia Starlight” para desfrutar do ceo da Veiga entre os días 28 e 30 deste mes.

Na noite do 28 de xullo ás 23h. está prevista unha actividade organizada polo Destino Turístico Starlight Trevinca (Concello de A Veiga), que inclúe observación do eclipse de lúa vermella con guía Starlight de Trevinca Skies.

Para a xornada do 29 de xullo, ademais de propostas deportivas (como un paseo en kaiak polo encoro de Prada), está previsto un café nocturno co título “Todo o ceo nunha taza de café“. Será unha observación nocturna con intervención de monitores turístistos Starlight de Trevinca, xerentes dos establecementos asociados.

Para máis información e reservas poden visitarse as páxinas web:
https://www.celtiatravel.com
http://www.trevihost.com

Artigos relacionados

Back to top button