ConcellosÚltima hora

Triathlon de alta montaña, o 23 de xullo en Vilariño de Conso

Incluirá tríatlon e unha proba de BTT de longa distancia e outra de curta
Imaxe dunha competición de tríatlon./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nova cita deportiva neste verán no oriente ourensán. O vindeiro 23 de xullo Vilariño de Conso acollerá a primeira edición do Triathlón Alta Montaña, que incluirá tres probas diferentes.

Unha delas será un tríatlon de 12 km en bicicleta, 11 km en carreira e 1.700 metros de natación. Terá como escenario o encoro do Cenza. Nel admítense aletas e traxe de neopreno.

Haberá asemade unha dobre cita de BTT o mesmo día 23 de xullo. Os afeccionados a este deporte poderán realizar unha ruta de longa de distancia de 47 km ou ben unha de media distancia de 35 km.

En cada unha destas actividades o prezo da inscrición será de 15 euros. As inscricións poderán realizarse chamando ao teléfono 988 34 03 02.

Ao remate das probas a organización agasallará aos participantes con pinchos e ademais haberá trofeos para os tres primeiros clasificados. Este primeiro tríalton de Vilariño será organizado polo Concello en colaboración con d’lecer. Contarase coa colaboración da Deputación de Ourense, Cruz Vermella de Viana, Conso e Frieiras e de Protección Civil da Gudiña.

Cartel deste evento deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button