CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tributo a Jimi Hendrix este venres, 9 de novembro, no Baranda

A banda Spanish Castle Magic actuará na sala barquense a partires da medianoite
Cartel da actuación.

Cargada de homenaxes aos grandes do rock está a axenda de novembro da sala Baranda, no Barco de Valdeorras. O pasado venres 2 de novembro, o grupo Vandallica rendía tributo á mitica Metallica e mañá, venres día 9, será o turno de Spanish Castle Magic, a banda que rende tributo a Jimi Hendrix e que colle o nome dunha das cancións escrita polo guitarrista e cantante americano, e producida por Chas Chandle para o seu terceiro álbume.

As portas do Baranda abrirán ás 23:30h. e a entrada custará 2 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button