CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tributo acústico a Janis Joplin, este sábado 15 de febreiro no Café Teatro Bajo 5

Tati's Joplin actuará en directo no local barquense a partir das once e media da noite

Tati’s Joplin. /Foto: David Figueroa @magnum76

 

Nin máis nin menos que catro actuacións preparou o Café Teatro Bajo 5, no Barco de Valdeorras, para este mes de febreiro.

O primeiro, o pasado sábado día 8, correu a cargo de Tangerine Flavour, banda madrileña que navega entre o rock clásico e o son americano, mesturando harmonías vocais e melodías de country, soul e pop; e para este sábado día 15, está programada a actuación de Tati’s Joplin, Tributo a Janis Joplin, que presentará no Barco as súas propias versións en acústico de temas de blues & soul de grandes voces como Janis Joplin, Amy Winehouse, Etta James ou Otis Redding.

Na seguinte fin de semana, o sábado 22 de febreiro, xa en pleno Entroido, subirase ao escenario do Bajo 5, Iván Herrero, DJ residente de “El Patio de la favorita” (Gijón) e un namorado da boa música cun estilo clásico, marcado por temas de house, funky, soul, rock & roll, blues e tecno dos 80.

O último concerto do mes correrá a cargo da banda De Perdidos al Trío cuxa música saca o mellor de cada intérprete: swing, reggae, latino, gospel, clásica, jazz e soul, logrando un estilo propio que se converte nun espectáculo divertido con música orixinal e versións de todo tipo adaptadas a cada lugar e a todos os públicos.

 

De Perdidos al Trío.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close