ConcellosÚltima hora

Tributo do Barco a Lauro Olmo no 20 aniversario da súa morte

Unha exposición, un documental e un espectáculo para homenaxear a este autor barquense, Premio Nacional de Teatro
Acto inaugural sobre a exposición de Lauro Olmo no teatro que leva o seu nome no Barco.
Acto inaugural sobre a exposición de Lauro Olmo no teatro que leva o seu nome no Barco.

Coa inauguración na tarde do 19 de xuño dunha exposición adicada á vida e á obra de Lauro Olmo Gallego encetábanse no Barco os actos de homenaxe a este escritor, natural desta vila valdeorresa, no vinte aniversario do seu pasamento. A apertura desta mostra contaba coa presenza de familiares deste autor barquense, entre eles os seus fillos, Luis e Lauro Olmo Enciso. De seguido proxectábase o documental “Desde abaixo, a dignidade dun escritor”, que afonda na traxectoria vital e creativa de Olmo Gallego.

Esta conmemoración continuará o día 20 co espectáculo “Un neno do Sil”, con guión e dirección de Pilar Alonso e cun elenco de actores entre os que estará o tamén barquense Paco Campos. Será no TLO ás 21h.

Ademais con estes actos comeza o programa “De Perto. Espazos de Cultura”, que desenvolverá durante os meses de xuño e xullo a Concellería de Cultura do Barco.

Foto: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button