CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tributo a Sabina no Bravo Lux da Rúa

O músico Andrés Montes presentará “Aves de paso” este sábado a partires das 21:30h.
O músico Andrés Montes.
O músico Andrés Montes.

Despois da actuación no Veira Sil do Barco de Valdeorras, Andrés Montes fará parada no Bravo Lux da Rúa para presentar o seu tributo a Joaquín Sabina “Aves de paso”. Será este sábado 5 de novembro a partires das 21:30 horas.

Montes leva anos no mundo da música, tocando en bandas como Noite Pecha, Nus, Matiz, Cristian Escuredo, CastroyMontes ou Gin Toni’s, e neste traballo en solitario, repasa o repertorio do cantautor Sabina e interpreta aqueles temas que marcaron a súa vida pero que “a ben seguro tamén deixaron un pouso en moitos dos seus seguidores e público que asista o sábado ao Bravo Lux”, adiantan dende Hermanager Producións.

Artigos relacionados

Back to top button