DeportesÚltima hora

Triple partido de baloncesto, este sábado no pavillón de Calabagueiros

En plenas Festas do Cristo, o MV Barco enfrontarase ao CD Básket Deza
Xogada do equipo sénior do MV Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

Natación, piragüismo, atletismo, fútbol, orientación, skatebord e tamén baloncesto. As Festas do Cristo do Barco veñen cargadas de actividades deportivas para todos os gustos e idades.

O baloncesto virá unha vez máis da man do MV Barco que se enfrontará por partida triple ao CD Básket Deza. A cita será mañá, sábado 16 de setembro no pavillón de Calabagueiros.

Para as 13 horas está previsto partido de minibasket no que xogarán os máis pequenos de ámbolos dous clubs. E xa pola tarde xogarán os maiores. Ás 17h. os cadetes e ás 19h. os séniors. En ámbolos dous casos serán os equipos masculinos.

 

Os máis pequenos do club barquense na clausura do baby básket provincial. /Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button