DeportesÚltima hora

Triunfo do Adas na Carreira Popular Vigo+11

O ourensán Alejandro Fernández, que viste as cores do club valdeorrés, vencía con rotundidade nesta cita
Alejandro Fernández, do Club Adas, competindo no Barco en setembro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Alejandro Fernández, do Club Adas, competindo no Barco en setembro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tras varios anos de ausencia, o ourensán Alejandro Fernández volvía tomar a saída o 16 de outubro na Carreira Popular Vigo+11 “Trofeo El Corte Inglés”. Na décima edición desta proba este atleta que viste as cores do Club Adas do Barco impoñíase con rotundidade ao completar o circuíto de 10.900 metros cun tempo de 33:40. Sacáballe unha vantaxe de máis de dous minutos ao segundo clasificado, Daniel Bargiela (Bikila) de Ponteareas-

A piques estaba de subirse ao podium outro ourensán, José Manuel Fernández (Veteranos Pabellón Ourense), que quedaba cuarto, ao entrar tan só un segundo máis tarde que o terceiro, José Alberto Bastos de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button