ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives acende o Nadal

O programa festivo encetarase o 15 de decembro cun concerto do Orfeón Trives ás 19:30h. no Auditorio

Con multitude de propostas musicais, lúdicas e mesmo deportivas chega o Nadal a Pobra de Trives, cuxas rúas lucen xa engalanadas cunha fermosa iluminación. A primeira das citas do programa está prevista para o 15 de decembro e será un concerto do Orfeón Trives ás 19:30h. no Auditorio Julio Vázquez da vila.

Ademais o 16 de decembro terá lugar unha ruta de sendeirismo no marco ademais da celebración do Día da Montaña. Xa o 18 de decembro terá lugar un obradoiro de manualidades de Nadal e o programa continuará con diversas propostas musicais, lúdicas e, por suposto, coas visitas de Papá Noel, e xa o 5 de xaneiro, dos Reis Magos.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button