Unha ruta circular dende a oficina de turismo ata a Ponte Cabalar con saída ás 21h.
Ás 21 horas deste xoves 4 de agosto arrancará o II roteiro nocturno teatralizado deste verán na Pobra de Trives, “un fermoso camiño de estrelas e bosques con animación e algunha sorpresa máis”, explican dende o Concello.
Trátase dun percorrido circular duns 6 quilómetros aproximadamente (unhas tres horas e media de duración), que partirá dende a Oficina de Turismo (Centro de Interpretación Santa Leonor) en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor.
Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal. Non está recomendada para menores de 7 anos.
As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse na propia oficina de turismo.