Trives acolle o I certame coral de primavera

O festival, celebrado no Auditorio Julio Vázquez, foi organizado polo coro de voces brancas Coraliña Cantora
Os tres coros de voces brancas  no escenario do Auditorio Julio Vázquez de Trives.

Os tres coros de voces brancas no escenario do Auditorio Julio Vázquez de Trives.

Na tarde do 30 de maio, o Auditorio Julio Vázquez da P. de Trives, encheuse de música. Nesta ocasión a cargo de tres coros infantís, no I Certame de Primavera organizado pola Coraliña Cantora.

O coro de voces brancas de Trives, dirixido por Sandra González, foi precisamente un dos tres que participaron no festival musical, compartindo escenario co coro do Colexio Padre Feijóo de Ourense e coa Escolanía Antonio Valbuena de León.

A Coraliña Cantora está formada por 25 voces brancas e debutou no Nadal de 2009 no Certame de Corais de Trives apadriñados polo Orfeón Trivés. Posteriormente teñen actuado dentro e fóra do Concello interpretando composicións cantadas a dúas e tres voces. “Dentro do seu repertorio podemos atopar cancións no noso idioma, aínda que sen excluir outras culturas e idiomas, de feito cantan composicións en castelán, en alemán, en latín, en francés, en inglés e zulú, incluíndo unha misa completa acompañada por guitarra” explican dende o coro. No concerto do pasado sábado, cantaron cinco temas: Hallelujah (Arranged by Philip Lawson); No man is an island (n.n./ARR. Kari Ala Pollanen); Dodili (Nira Chen arranged by Doreen Rao); Supercalifrigilisticoespialidoso (Richard Robert Shery); e Popurri Cantajuegos.

O coro do Colexio Padre Feijóo Zorelle de Ourense naceu no ano 2012 e está formado por 24 voces de nenos e nenas comprendidos entre os 5 e os 14 anos. No certame de Trives interpretaron: Do, Re, Mi; Singing all together; Hallo Django; Nanaitana; e Ahora más que nunca (Alejandro Abad).

O terceiro coro participante, Escolanía Antonio Valbuena de León, foi fundada en 1985 e ten realizado concertos en España, Italia, Portugal, Francia, Austria e Dinamarca. No de Trives, interpretaron outros cinco temas: My heart will go on, B.S.O. de Titanic (J.Horner/ W. Jennings); Canço de bres per una princesa negra (A. Rodríguez Sábanes); Bohemian Rhapsody (Freddie Mercury); Aleluya (Leonard Cohen); e Kalinka (Rusia).

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies