O Concello da Pobra de Trives organiza, o vindeiro mércores 19 de agosto, unha visita guiada relacionada co pasado da localidade. A actividade, de nome “Persoas e Personaxes”, será ás 11:30h e terá aforo limitado para evitar grandes concentracións de persoas. Para anotarse, a organización recomenda chamar ao número de teléfono 988 33 09 67. Cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus, o uso de mascarilla será obrigatorio.