ConcellosÚltima hora

Trives acolle un curso de poda e enxerta de castiñeiros

O vindeiro sábado 28 de abril impartirase no concello de Trives un curso de poda e enxerta de castiñeiro, que incluirá unha clase práctica en campo. Esta acción formativa será organizada polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) e iniciarase cunha clase teórica ás 9:30h, no Auditorio Julio Vázquez.

Nesta sesión teórica abordaranse temas como os coidados dos soutos, as enfermidades dos castiñeiros e a poda e enxerta dos mesmos. O curso continuará cun apartado práctico. Así os alumnos desprazaranse ata a un souto para iniciar a clase práctica de poda e enxerta.

As persoas interesados deberán inscribirse no Concello (988 33 00 00) ou no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do INORDE (988 31 79 46).

Artigos relacionados

Back to top button