CulturaMúsicaÚltima hora

Trives acolle un obradoiro de instrumentos tradicionais

A actividade será o mércores, 12 de agosto, na Biblioteca Municipal, ás 12 horas

A localidade de Trives acollerá, o vindeiro mércores 12 de agosto, un obradoiro de instrumentos musicais tradicionais. A actividade terá lugar na Biblioteca Municipal a partir das 12 horas e está orientada a un público infantil, de 6 a 12 anos de idade. A organización corre a cargo do Concello.

O obradoiro terá aforo limitado para evitar aglomeracións de xente en espacios pechados, cumprindo así coas medidas de seguridade necesarias e derivadas da pandemia do coronavirus. Para apuntarse á actividade é necesario facelo a través do número de teléfono 988 33 09 67.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button