ConcellosÚltima hora

Trives acollerá en xullo unha nova edición da Concentración Mototurística Os Esquíos

As Macizas Centrais, Malditos Pendejos e Gin Toni’s porán son á XVI xuntanza moteira

Motos na anterior edición da concentración.

Un ano máis e xa van 16, superando o número de inscritos e cada edición, o Motoclub Os Esquíos de Trives teñen xa todo preparado para a concentración mototurística 2019 que se celebrará do 12 ao 14 de xullo.

A programación inclúe xantar, fantásticas rutas de interior con pinchos en abundancia, premios, unha ruta de bengalas, exhibición acrobática, actuacións musicais e mesmo unha exposición de motos clásicas. Coma sempre, haberá zona de acampada, tanto cuberta como exterior, con servizos e duchas; e a inscrición é de 35 euros en taquilla (30 euros anticipada e para socios).

O programa encetarase o venres día 12 de xullo coa apertura de inscricións a partir das 19h. e a festa de benvida que inclúe a tradicional chourizada con sangría, que dará paso á actuación de Malditos Pendejos na rúa San Martín con karaoke como fin de festa. O sábado 13 de xullo ás 11h. comezará a ruta turístico-gastronómica e ao volver a Trives, terá lugar a ruta barítima polo pobo co tradicional “porco no espeto”, e a música das Macizas Centrais. Xa pola noitiña haberá churrascada e a partires das 23h. comezará a ruta de bengalas “na honra aos compañeiros caídos”. O prato forte chegará a partir da media noite co stunt show a cargo do rider Corredoira 89. O broche á velada porao a actuación musical en directo de Gin-Toni’s. A concentración rematará o domingo día 14 cunha gran ruta mototurística (10:30h.) o xantar coa entrega de premios.

 

Cartel da XVI concentración mototurística Os Esquíos.

Artigos relacionados

Back to top button