CulturaCulturaÚltima hora

Trives acollerá este sábado a proxección da nova película de Ignacio Vilar “María Solinha”

O visionado, de tipo autocine, terá lugar na Finca da Barreira. O recinto abrirase ás 20:30h. e contará coa presencia do director petinés

Fotograma da película extraída da páxina web de Vía Láctea Filmes.

 

O concello da Pobra de Trives acollerá mañá, 4 de xullo, a proxección en autocine do novo filme de Ignacio Vilar, “María Solinha”, con entrada gratuíta. Terá lugar na Finca da Barreira, cedida polos propietarios especialmente para o evento. A apertura do recinto farase ás 20:30h. e, logo da presentación, farase a proxección do filme ás 22:30h. O acto contará coa presencia de Ignacio Vilar, natural do concello de Petín, o produtor cultural e unha parte do elenco de actores e actrices.

A longametraxe, protagonizada por Santi Prego, Antonio Durán “Morris” e Mabel Rivera e producido por Vía Láctea Filmes e a Televisión de Galicia, narra a reconstrución da historia de María Solinha, unha muller acusada de bruxería e queimada pola Santa Inquisición no ano 1621. Foi rodada principalmente en Cangas, Redondela e a Illa de Toralla.

 

Cartel promocional do autocine.

 

A elección do autocine en Trives como formato de proxección permitirá desfrutar do filme ao tempo que se cumpre estrictamente a distancia de seguridade e os protocolos sanitarios. Ademais Protección Civil da Pobra de Trives estará colaborando na organizacion do aforo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button