ConcellosTrivesÚltima hora

Trives adhírese ao convenio para o control do Covid-19 nos efectivos da Policía Local

Con esta medida búscase "a anticipación ante posibles imprevistos que poideran xurdir e que afectan a un servizo esencial do Concello", di a rexedora trivesa

Vehículo da Policía Local diante do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de adherirse ao convenio subscrito entre a Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta en marcha do programa para o control da COVID-19 nos efectivos da Policía Local.

Con esta medida búscase “a anticipación ante posibles imprevistos que poideran xurdir e que afectan a un servizo esencial do Concello imprescindible para a contención da propagación do virus tanto na súa labor informativa como de vixianza de cumprimento das normas”, indica a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez.

Ademais indica que “dende o Concello agardamos que este tipo de convenios se propoñan e amplíen tamén a outros grupos de traballadores como o persoal de servizos sociais, sanitarios, desinfección e limpeza, pois todos eles estiveron en primeira liña e necesitan da maior das respostas áxiles no caso de rebrote”.

Artigos relacionados

Back to top button