ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Trives adquire un novo vehículo para a Policía Local

Na compra deste vehículo todoterreo o Concello contou cunha axuda de 29.800 euros da Xunta

A Pobra de Trives dispón xa dun novo vehículo todoterreo destinado á Policía Local e centrado en tarefas medioambientais. Para a súa adquisición o Concello contou cunha axuda de 29.800 euros da Xunta de Galicia.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, que visitaba na mañá do 18 de decembro a vila trivesa indicaba que “grazas á compra deste vehículo por parte do Concello, refórzase e mellórase a xestión das situacións de sinistro e risco e as tarefas de carácter medioambiental que leva a cabo no municipio, xa que está dentro da Rede Natura e conta con zona de especial conservación (ZEC) con zona de especial protección para aves ( ZEPA)”.

Nesta visita a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, estivo acompañada polo alcalde trivés, Domingo Diéguez, e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button