ConcellosTrivesÚltima hora

Trives anima á veciñanza a engalanar os seus “balcóns, rincóns e prazas” con plantas a traves dun concurso

 

O Concello da Pobra de Trives vén de convocar o “Concurso de balcóns, rincóns e prazas de Trives” co obxetivo de “fomentar a súa conservación e dalos a coñecer dentro e fora do noso entorno. Os elementos vexetais e florais contribúen a xenerar un entorno máis agradable e estético para o seu disfrute”, resaltan dende o Concello.

A participación no concurso está aberta a “todo balcón, rincón e praza da Pobra de Trives (incluídos evidentemente os pobos que conforman o noso concello) que compoña a súa ornamentación con elementos naturais e florais en macetas ou recipientes adecuados, así como outros elementos decorativos como poden ser productos de olería, cerámica, esparto, forxa…etc”.

Tamén se matiza nas bases entenderase como “Balcón” aquela “terraza ou balcón proxectado dende a parede de un edificio e pechado mediante unha balaustrada” e como  “rincóns e prazas, aquel lugar ubicado na vía pública -rúas, prazas ou rincóns- que reúna as características da arquitectura e ornato”.

As datas para para presentar as solicitudes a concurso serán entre os días 11 de xullo a 11 de agosto. As solicitudes, para tomar parte en el Concurso, deberán ser presentadas no modelo (Anexo 1) por sede electrónica o directamente en el Rexistro Xeral do Concello da Pobra de Trives.

O xurado será fallado por decisión popular do seguinte modo: “todas as fotografías dos balcóns, rincóns e prazas participantes serán expostas nas redes sociais do Concello da Pobra de Trives, entendendo gañadores aquelas fotografías que conten con máis “me gusta” nos distintos apartados. No caso de existir empate, someteríase a desempate co mesmo procedemento”, tal e como indican as bases.

Ademais nelas establécense os seguintes premios:

Balcóns

1º Premio.- 30 prantas, elementos naturais ou adornos florais naturais.
2º Premio.- 20 prantas, elementos naturais ou adornos florais naturais
3 º Premio.- 10 prantas, elementos naturais ou adornos florais naturais.

RINCÓNS E PRAZAS
1er. Premio.- 30 prantas, elementos naturais ou adornos florais naturais.
2º Premio.- 20 prantas, elementos naturais ou adornos florais naturais
3 er. Premio.- 10 prantas, elementos naturais ou adornos florais naturais.

Os premios serán entregados antes do día 15 de xullo de 2023 e irán exclusivamente destinados á ornamentación dos mesmos elementos gañadores, é dicir, para adornar os mesmos balcóns gañadores, mesmos rincóns e prazas gañadores do concurso, garantindo de este xeito a contribución ao obxeto do concurso.

Artigos relacionados

Back to top button