En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Trives, ao ritmo dos Cantos de Taberna

A vila convertíase en escenario desta singular proposta musical, organizada pola A.C. A Caniceira e na que participaban sete grupos

A Praza do Pilón de Trives convertíase na tarde do 9 de agosto en punto de partida dun circuíto moi especial: o dos Cantos de Taberna da Asociación Cultural A Caniceira. Un total de sete grupos participaban nesta animada e concurrida edición, que abría ademais a XI Mostra do Patrimonio Inmaterial na vila: As Macizas Centrais (Trives), San Nordés (Trives), Pascuis (Trives), Son do Bibei (O Barco-Trives), Os Trabazos (Castro Caldelas), @s Singuinari@s (Manzaneda) e Os Parrandas (Valdeorras).

 

A partir da praza cada grupo iniciaba un percorrido diferente polos once establecementos de hostalaría que formaban parte da proposta nesta ocasión: Troula, Casanova, Quintela, Paíño, Boliche, A Cantina do 4, Manolo’s, O Bodegón, Sky, San Martín e O Cafeto.

Entre guitarras, bombos, pandeiretas ou mesmo mandolinas, cada grupo enchía de ritmo e cantos tanto os locais como o centro da vila ata a medianoite. Nese momento as formacións musicais volvían xuntarse, pero desta volta na praza do Reloxo, onde se daba por finalizada a actividade coa entrega de diplomas aos participantes.

Fotos: A.C. A Caniceira/ Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close